Premio Caine

O Premio Caine ( nome orixinal completo Caine Prize for African Writing) é un premio literario británico en lingua inglesa outorgado anualmente desde o ano 2000 ao mellor relato orixinal escrito por un autor africano, residente en calquera parte do mundo e dotado con 10,000 £. O nome está tirado de Michael Harris Caine, presidente que foi de Booker Group polo que ás veces tamén se denomina informalmente "African Booker". O gañador anúnciase nunha cea en Oxford á que se convida aos candidatos. Entre os padriños do premio están os Nobel africanos de literatura Wole Soyinka, Nadine Gordimer, Naguib Mahfouz e J. M. Coetzee.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search